Abuelo Tucho triunfa a vela e a remos na Regata do Albariño

La Voz CAMBADOS

CAMBADOS

As probas celebráronse este sábado en Cambados cunha vintena de participantes

17 ago 2024 . Actualizado a las 20:19 h.

Abuelo Tucho foi a gran triunfadora da Regata do Albariño celebrada este sábado en Cambados e organizada polo Clube Mariño Salnés. Pola mañá gañou a regata a remo celebrada nas inmediacións do porto e pola tarde foi a dorna máis rápida a vela das 24 que participaron na proba. Selosa e Josefa completaron o podio mentres que, a remos, o segundo e o terceiro posto foron para Gallofeira e Pindirucha. A xornada resultou propicia para a navegación tradicional xa que o vento non apareceu ata a tarde, cando as velas tiñan que inchar.