Susi volve ao instituto Asorey para recibir o premio SonDosNosos

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

Mónica Irago

María Jesús Pérez recibiu o recoñecemento pola súa labor de asesoramento a persoas con discapacidade

24 may 2024 . Actualizado a las 14:43 h.

O IES Francisco Asorey de Cambados entregou este venres o premio SonDosNosos a María Jesús Pérez Piñeiro, máis coñecida como Susi, pola súa traxectoria no exercicio da avogacía e asesoramento a persoas con discapacidade. Nacida en Cambados en 1982, reside actualmente en Santiago e traballa na área xurídica de Cogami, onde presta asesoramento sobre os dereitos das persoas con discapacidade, participando activamente en diversas asociacións de persoas con discapacidade.

María Jesús Pérez sofre unha enfermidade rara denominada paraparesia espástica familiar, unha alteración neurodexenerativa que se manifesta principalmente pola presenza de espasticidade e debilidade muscular. Esta doenza lle provoca importantes limitacións na mobilidade o cal a obriga a utilizar muletas. Pero iso non é un impedimento para levar unha vida laboral activa e implicarse no eido do asociacionismo. Esta mañá recibiu o recoñecemento do instituto da súa vila, no que estudou a ESO, por parte do profesorado e alumnado do centro. «É un orgullo que houberan pensando en min como unha persoa na que o alumnado pode ver que estudar no Asorey dá a posibilidade de chegar a desenvolverte a nivel profesional e axudar aos demais», comentou logo de recibir o premio.