700 deportistas encherán Cambados no Campionato Provincial Escolar de Técnica e de Freestyle

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

CAMBADOS

Cedida

A cita deportiva celebraráse en xornada de mañá e de tarde este sábado no Pombal

12 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Cambados prepárase para unha auténtica avalancha deportiva. A que provocará mañá sábado a celebración no Pavillón Municipal do Pombal do Campionato Provincial Escolar de Técnica e de Freestyle de Taekuondo. Unha cita que reunirá mañá e tarde a preto de 700 participantes, medio cento de adestradores, outros tantos xuíces e os moitos familiares dos primeiros para felicidade, sinalaba onte o concelleiro de Cultura de Cambados, Tino Cordal, da hostalería e do comercio locais. Fíxoo nun acto de presentación que contou tamén con Noelia Pérez, vicepresidenta da Federación Galega de Taekuondo, e con Noelia Gómez, presidenta e adestradora do Club Innae da vila do albariño, organizador do evento.

Pérez agradeceulles ao Concello e ao Innae terse prestado a organizar o Provincial dándolles tan só dúas semanas de aviso. A competición estenderáse de 9 a 20 horas, con parada para comer de 14 a 16.