As prospeccións arqueolóxicas en San Sadurniño comezarán en maio co reto de localizar a planta da capela de San Tomé

La Voz CAMBADOS

CAMBADOS

O concelleiro de Patrimonio de Cambados, Xurxo Charlín, -segundo pola esquerda-, acompañou aos técnicos na visita desta mañá.
O concelleiro de Patrimonio de Cambados, Xurxo Charlín, -segundo pola esquerda-, acompañou aos técnicos na visita desta mañá. cedida

Os traballos correrán a cargo do CSIC e completarán os feitos coas sondaxes do 2021

20 mar 2023 . Actualizado a las 16:42 h.

O Concello de Cambados e o CSIC van iniciar en maio o proxecto para a realización de estudos arqueolóxicos na illa de San Sadurniño. A intervención ten como obxectivo básico facer unha aproximación á presenza de estruturas soterradas na illa, completando as estruturas exhumadas na campaña de sondaxes de  2021. Para elo empregarase un dron e os traballos de campo durarán catro días, que se repartirán entre o inverno e o verán de 2023. 

«Nesta campaña procuramos responder cuestións concretas de investigación, comprobar a existencia de niveis de ocupación protohistóricos ou antigos na illa, como apuntaba a campaña de escavación 2021, e o achado de materiais no entorno».

O reto é determinar a extensión dos poboamentos da illa, en tanto se considera que alí estivo a primeira vila (Vilavella) de Cambados, e localizar a planta da capela de San Tomé, mapeándoa aínda que sexa a «nivel hipotético».

Para o edil de Patrimonio, Xurxo Charlín estes traballos van ser moi importantes  «xa que imos dispoñer dunha topografía de detalle, á procura de coincidencias ou contrastes salientables que nos poidan indicar a presenza de estruturas enterradas e a súa morfoloxía».