Mar Pérez e Iago Pillado ocupan os postos dous e tres da candidatura do BNG de Cambados

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

CEDIDA

Completan os seis primeros postos xunto a Liso González, María Celestina Padín, Isidoro Bugallo e Ester Serrano

18 mar 2023 . Actualizado a las 18:48 h.

O BNG de Cambados xa ten nomes para os seis primeiros integrantes da candidatura que concorre ás eleccións de maio. O cabeza de lista, José Luis Liso González Roma, estará acompañado no número dous por Mar Pérez García, mestra de Ensino Infantil no CEIP San Tomé e atleta federada; o número tres ocuparao Iago Pillado Losada, avogado; o catro, María Celestina Padín Cayetano, licenciada en Filosofía e profesora de instituto; o número cinco é para Isidoro Bugallo Piñeiro, mariscador e músico afeccionado, e Ester Serrano Vidal, actual responsable local do BNG, empregada nun establecemento de alimentación e sindicalista, irá no sexto posto da candidatura ás eleccións de maio.

Todos eles estiveron no acto de presentación celebrado este sábado a carón do Muíño da Seca -na imaxe- no que participou, tamén, a deputada Montserrat Prado.  Prado salientou que as enquisas vaticinan unha subida do BNG en Galicia, «ao que non será alleo o Salnés e Cambados». Pola súa banda, Liso González destacou o compromiso do seu equipo para liderar a política local desde o goberno do Concello.