O curso de manexo de móbiles para persoas maiores, tamén en Exposalnés

La Voz CAMBADOS

CAMBADOS

SANDRA ALONSO

A asistencia é gratuíta e require inscrición previa

24 ene 2023 . Actualizado a las 14:01 h.

O Concello de Cambados vai ampliar o programa actividades MaiorMente dada a boa acollida que está tendo entre a poboación, segundo informan desde a concellería de Cultura e Servizos Sociais. En concreto vai por en marcha un curso para o manexo de teléfonos móbiles, «de gran necesidade para os colectivos que non son nativos dixitais» que se levará a cabo todos os martes polas mañás de 10 a 11 horas na Casa da Calzada (Exposalnés). En principio, este curso só estaba pensado para as parroquias, como o resto das actividades do proxecto: ximnasia e psicomotricidade para maiores e de iniciación na informática e de memoria.

MaiorMente arrincará o 31 de xaneiro e prolongarase ata o 20 de xuño. As persoas interesadas poden inscribirse  no departamento de Cultura no teléfono 673 533 289 ou na dirección de correo cultura@cambados.es ata esgotar as prazas. A asistencia é gratuíta e só é precisa ter máis de 55 anos.