Ademar Silvoso cóntanos un conto

Bea Costa
Bea Costa CAMBADOS

CAMBADOS

Gravación no estudio dos audiocontos
Gravación no estudio dos audiocontos cedida

O actor cambadés escribe e narra os seus propios textos no proxecto «Audiocontos para novos tempos»

19 ene 2023 . Actualizado a las 16:53 h.

Ademar Silvoso é un actor cambadés que se dou a coñecer acompañando a Fusco nos anuncios do Vivamos como Galegos! de Gadis e que tan pronto fai unha película, como oficia una voda ou presenta un festival de os maios. É un todoterreno que agora, ademais, escribe contos e os conta a mar de ben. «Como pai dun neno de seis anos e unha nena de catro, adoito ter que recorrer a contos en castelán por falta de material orixinal ou actualizado en galego. Iso lévame a ser eu quen grave pezas exclusivas das que poder botar man en momentos nos que o tempo non me permite contarllos de viva voz. Se este problema me ocorre a min, penso que pode ser solución para moitas familias que se sintan identificadas coa situación», segundo explica Ademar Silvoso.

O proxecto preséntase baixo o título Audiocontos para novos tempos e recolle pezas creadas e narradas por Silvoso baixo a dirección de Abel Bonilla e conta coa colaboración de actores como Paloma Saavedra, Luis Iglesia, Manuel Pombal e Rocío Romero. Os fillos de Silvoso tamén participaron na gravación destes contos, dentro dun proxecto que se inscribe no fondo TCRedes en galego ao abeiro do Xacobeo 2021-22 e conta co apoio de Política Lingüística. Poden escoitarse a través da páxina web Audicontos para novos tempos e diversas plataformas dixitais