O IES Cabanillas reúne a varios políticos para falar dos seus anos mozos no centro

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

MARTINA MISER

A mesa redonda será o mércores 14 e participarán Luis Aragunde, Montse Prado, Salomé Peña, Manuel Vázquez, Tino Cordal e o maxistrado José Luis Costa

14 dic 2022 . Actualizado a las 09:42 h.

Dentro da programación conmemorativa do 50 aniversario do IES Ramón Cabanillas de Cambados o mércores día 14, ás 19 horas, celebrarase unha mesa redonda na que participarán seis persoas que estudaron no centro en distintas épocas e que durante un tempo tiveron ou teñen responsabilidades e relevancia na actividade política e institucional, tanto a nivel comarcal como a nivel autonómico.

Os convidados son Luis Aragunde, ex alcalde de Cambados, Salomé Peña, ex alcaldesa de Ribadumia; Montse Prado, deputada do BNG; e Manuel Vázquez, ex alcalde da Illa. Tamén participará José Luis Costa, maxistrado e presidente do Consello Consultivo de Galicia; como moderador actuará o primeiro tenente alcalde de Cambados, Tino Cordal, tamén ex alumno do centro.

A mesa redonda será no salón de actos do instituto a partir das sete da tarde e brindará ocasión de coñecer as experiencia dos políticos durante os seus anos mozos nun centro que, ata o cambio de século, acolleu a rapaces chegados de varios municipios da comarca.