Antonio Gómez presenta a versión en galego da novela Nagasaki en Cambados

La Voz CAMBADOS

CAMBADOS

cedida

O acto será o sábado, ás 19.30 horas en Exposalnés

21 sep 2022 . Actualizado a las 14:07 h.

A novela de Antonio Lorenzo Gómez Charlín titulada Nagasaki xa ten versión en galego e vaise presentar este sábado en Cambados nun acto que terá lugar en Exposalnés ás 19.30 horas. Nagasaki e unha novela dividida en dúas partes. A primeira, titulada Hiroshima, transcorre nun pobo costeiro galego e está protagonizada por un mozo solitario que despois de fracasar co seu primeiro libro acaba tendo un éxito inesperado, aínda que pronto vai decatarse de que o éxito é unha trampa da que e moi difícil saír indemne. A segunda parte, Nagasaki, sitúase no sur de Tenerife. Alí un escritor descoñecido decide suicidarse ao rematar a súa novela, pero tres mulleres crúzanse no seu camiño e non lle van a poñer as cousas fáciles. «Nagasaki na súa segunda parte é unha novela próxima ao realismo sucio e ao cru e poético vitalismo de Charles Bukowski», segundo explica o autor.

A tradución ao galego é do xornalista cambadés Félix Aragunde.