As Construcción en madeira de Enrique Conde chegan ao Espazo Torrado 

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

MANI MORETON

A obra do artista poderá verse desde o venres ata o 30 de outubro na sala cambadesa

26 sep 2022 . Actualizado a las 21:41 h.

Enrique Conde asina a próxima proposta artística que ofrece o Espazo Torrado de Cambados.Trátase de Construccións en madeira, un performance escultórico que compleméntanse cun espazo a pé de rúa na compostelana Rúa Nova e que xa se pode ver desde o 2 de setembro.

A partir do venres 16 e ata o 30 de outubro ábrese outra fiestra para coñecer a un creador que non ten redes sociais porque o seu taller é o lugar máis importante para el, un sancta santorum encravado na aldea de Currás de Caldas de Reis de onde sae toda a súa obra desde finais dos anos 70, cando se estableceu alí.

Enrique Conde volve ao Salnés —unha terra que coñece ben por ter vivido de neno no Grove e ter feito varias exposicións nesta comarca— cunha proposta na que xoga cun móbil construído en madeira e unha serie de pezas do mesmo material que dialogan entre elas e ofrece ao público unha nova linguaxe.

«Una comunión alrededor del objeto ya sagrado entonces y cuya existencia justificaría nuestro inexplicado intento de transformar lo material por acciones físicas de paternidad artesana», escribe Fernando Blanco Guerra a propósito da exposición que será inaugurada en Cambados o venres á noitiña.