Nova doazón e louza da época vitoriana para o museo do viño de Cambados

La Voz

CAMBADOS

cedida

O material foi cedido ao Concello pola familia Rey Madarnas

22 jun 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O alcalde de Cambados, Samuel Lago, e a familia Rey Madarnás asinaron onte terceira doazón que Yolanda Josefina Rey, descendente do linaxe dos Soutomaior, e o seu home Prometeo Madarnás, veñen realizando dende o ano 2018 ao Concello. Esta terceira doazón está composta por un conxunto de cobre prateado de té e café da época vitoriana, fabricado en Inglaterra entre 1840 e 1910, composto polas respectivas xerras, leiteira, e recipientes para o azucre e a manteiga, labrados todos con motivos da cultura vinícola. O material será exposto no museo do viño.