A sala de exposicións Torrado ofrece este mes tres propostas

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

MARTINA MISER

Este venres abre a exposición da obra teatral Don Gaiferos e a de Homenaxe a Luís F. Silvoso (1956-2011)

16 sep 2021 . Actualizado a las 09:51 h.

A sala Torrado de Cambados acolle esta fin de semana unha intensa actividades. O venres inaugurase na sala B a exposición da obra teatral Don Gaiferos, cos deseños orixinais de marionetas, escenografías, igurinos e mecanismos das diferentes versións, marionetas e decorados do espectáculo creado para o Xacobeo 93 e deseños orixinais do cómic dende o 17 ao 26 de setembro.

Tamén o vernes, ás 20 horas, abrirá ao público a exposición Borrón 4. Homenaxe a Luís F. Silvoso (1956-2011), coa participación de familiares do galerista finado e de 29 artistas que expuxeron os seus traballos na súa sala de Cambados: Xurxo Alonso, Fernando Arenaz, Manolo Busto, Rosa Elvira Caamaño, Caino, Xosé Manuel Castro, Xaquín Chaves, Manolo Chazo, Manolo Dimas, Xurxo Durán, Francisco Escalera, Adonis Escudero, Alberto Gulías, Marcos Juncal, Uxío López, Xavier Magalhaes, Rafael Romero Masiá, Lucas Míguez, Saúl Otero, Manolo Paz, Francisco Pazos, Guillermo Pedrosa, Isabel Pintado, Vicente Prego, Baldo Ramos, Lino Silva, Antón Sobral, Rosa Úbeda e Mila Vázquez.

Visións inéditas

O sábado 25 chegará ao Espazo Torrado Visións inéditas, da Fundación Didac, un proxecto comisariado por Performa S. Coop. Galega que forma parte del programa O teu Xacobeo e conta coa participación dos artistas Jaione Camborda, Xisela Franco, Lois Patiño e Alfonso Zarauz.