Cambados enche de citas o mes de agosto con teatro, musica e espectáculos para os cativos

eva fuentes / B. c. CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

Martina Miser

As actuacións repartiranse entre Fefiñáns e Torrado e terán aforo limitado; desta volta non será necesaria reserva previa

08 ago 2021 . Actualizado a las 16:50 h.

O Concello de Cambados pon en marcha a súa maquinaria sociocultural coa programación de actividades para o mes de agosto. A vila mariñeira presenta «por fin»

un descenso de casos positivos, cunha evolución que tende á baixa, o que onte lles incentivou a poñer sobre a mesa a axenda cultural deste mes, segundo explicou o concelleiro de Cultura e Sanidade, Tino Cordal. «Esperamos seguir evolucionando positivamente de maneira que poidamos desenvolver todas as actividades previstas cunha maior flexibilidade».

Ademais das complicacións derivadas da pandemia, as condicións meteorolóxicas tamén a cancelar algúns dos eventos que estaban reservados para a Festa do Albariño e o seu epílogo, que se estendía ata esta semana. Deste xeito, a axenda mantén para este domingo o concerto da Banda de Música de Castrelo na praza

de Fefiñáns ás 20.30 horas, mentres que a actuación de La Oca Band, prevista nun principio para esta semana, queda aprazada para o 14 de agosto, ao igual que o do grupo Mad Martin Trío, o cal queda posposto para o 2 de setembro, servindo de antesala do

festival Albariño no Camiño.

«Intentamos darlle unha maior cabida e relevancia á programación infantil», explica Tino Cordal. Consecuentemente, este mes conta con nove actividades dirixidas aos máis pequenos, que comezan o martes co Mago Teto ás

20 horas no parque de Torrado, lugar que acollerá o resto de actividades infantís, como pode ser as sesión de cine que regresan para quedarse todos os mércores do mes ás dez da noite, así como tamén os espectáculos de maxia, música e teatro que se irán sucedendo durante o mes. A programación, que conta cun total de 22 actuacións que se desenvolverán nun período de 22 días, complétase coa exposición de Pepe Galán na praza de Fefiñáns o día 12, maridando arte e cultura na histórica praza, mentres que o 13 a cita desprázase a Castrelo, coa presentación das VI Xornadas da Fundación Manolo Paz. Fefiñáns tamén acollerá o domingo 15 a actuación de Cantigas e Agarimos e o concerto de Música no Ar o día 22. Ademais de música, a praza tamén abre as súas portas para a realización da obra de teatro Crónicas do Paraíso o día 26, servido de broche á programación.

Para acudir non será necesario facer a reserva previa de entradas xa que, tal e como explicou Cordal, «o que pasou no Albariño fíxonos reflexionar (...) a xente facía a reserva e logo había cadeiras baleiras». Deste modo, dende a organización piden aos

veciños que acudan con antelación aos eventos para poder realizar o rexistro dos asistentes. Os aforos variarán en función da actuación e do lugar no que se realicen; no caso da praza de Fefiñáns, limítase a un máximo de 300 persoas, mentres que no Torrado redúcese a cen ou duascentas invitacións, en función do acto a celebrar.