Dobre cita este mes coa música antiga e o patrimonio en Cambados

La Voz CAMBADOS

CAMBADOS

MARTINA MISER

As actividades desenvolveranse do 18 ao 21 de agosto

02 ago 2021 . Actualizado a las 19:09 h.

En Cambados volverá a falarse de patrimonio e escoitarse música antiga grazas as actividades organizadas pola asociación Amigos de Fefiñáns. Do 18 ao 20 de agosto haberá un ciclo de conferencias dentro da súa semana cultural, ás 19 horas nos xardíns do pazo de Fefiñáns. O mércores intervirá o escritor Marcos Calveiro, o xoves 19, o artista Xosé Manuel Buxán, e o venres, Gaspar Bernárdez, investigador da USC. A entrada será libre ata completar o aforo.

Dúas horas despois arrincará o ciclo de música con dúas actuacións en cartel. Os venres día 20 actuará Voz Organalis, un conxunto de voces masculinas, e o sábado será a quenda de Scaramuccia, un grupo de cámara composto por violín, violonchelo e clave. Os concertos serán na igrexa de San Bieito, (21 horas) e as entradas poden adquirirse na adega Gil Armada ou chamando ao teléfono 986 524 87. O abono para os dous concertos custa dez euros. A entrada para os socios é gratuíta.