Cambados presume da calidade da auga do Umia

La Voz CAMBADOS

CAMBADOS

cedida

Os resultados das análises realizadas polo obradoiro de emprego no tramo de Oubiña dan unha puntuación de 4 sobre 5

11 jun 2021 . Actualizado a las 23:13 h.

O alumnado do Obradoiro de Emprego de limpeza e xestión de residuos Cambados Emprendedor II continúa realizando labores de mellora do entorno medioambiental, desta volta participando no Proxecto Ríos, coordinado por Adega, efectuando analíticas sobre a calidade da auga do río Umia ao seu paso pola parroquia de Oubiña. Mediron o pH, os nitratos, o osíxeno e recolleron varias mostras para valorar a fauna bioindicadora. Os resultados foron positivos e concluíron que nunha escala do 1 (mal estado) ao 5 (moi bo estado), o seu estado é de 4.

A Concelleira de Medio Ambiente, Cruz Leiro, cualifica estes resultados como unha «moi boa nova» xa que confirman a ausencia dos verquidos que se viñan producindo no río de forma insistente, probablemente procedentes dalgunha fábrica do polígono industrial.