Oito de oito; a promoción 2017-2021 do conservatorio de Cambados acada praza nos centros profesionales de música, e con nota

La Voz CAMBADOS

CAMBADOS

Martina Miser

Os alumnos participarán este venres no acto de fin de grao no auditorio

11 jun 2021 . Actualizado a las 15:22 h.

No conservatorio municipal de Cambados están felices porque a súa promoción de alumnos do 2017-2021 superou as probas de acceso cun gran éxito. O martes e mércores tiveron lugar as probas de acceso ó Grao Profesional de Música no Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía e no Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra e os oito alumnos do Conservatorio Elemental de Cambados conseguiron praza, quedando catro de eles en primeiro lugar en especialidades tan disputadas como saxofón ou frauta traveseira.

Así mesmo, o alumnado do centro cambadés obtivo as máis altas cualificacións na proba teórica (entoación e ritmo), materia impartida polo director do conservatorio Daniel Figueira. «Unha promoción brillante», apuntan desde o centro, que o vindeiro venres ás 20 horas participará no acto de fin de grao, que se celebrará no auditorio coa presenza do concelleiro de Cultura, Tino Cordal.

Os resultados das probas foron os seguintes: María Pérez Rubial acadou o primeiro lugar na especialidade de frauta traveseira e Emma Feijoo Cores foi primeira na especialidade de piano, ámbalas dúas no CMUS de Vilagarcía; Fernando Rodríguez Amoedo, primeiro na especialidade de saxofón e Ainhoa Alcaide Serrano tamén obtivo o primeiro posto na especialidade de óboe no mesmo CMUS de Pontevedra; pola súa banda Naila Abal Morrazo e Rodrigo Rodiño Núñez obtiveron praza nos dous conservatorios na especialidade de piano; Brais Peiteado Fariña obtivo praza no CMUS Manuel Quiroga na especialidade de violín; pola súa banda, Paula Serto Fernández superou as probas de acceso na especialidade de piano no conservatorio de Vilagarcía.