O Concello de Cambados pecha o 2020 cun saldo positivo de 22.147 euros

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

MARTINA MISER

O concelleiro Xurxo Charlín fala de boa xestión e redución de impostos

08 jun 2021 . Actualizado a las 17:05 h.

A comisión especial de Contas do Concello de Cambados aprobou a conta xeral do exercicio 2020 coa abstención dos grupos da oposición. A partir de agora, comeza o prazo de exposición pública e o documento pódese consultar a través do Portal de Transparencia do Concello.

O concelleiro de Facenda, Xurxo Charlín, defende estas contas porque «cumpriron estritamente coas políticas de contención do gasto, tanto coa regra de gasto como a estabilidade orzamentaria segundo indican os informes de intervención, arroxando un saldo positivo de 22.147,97 euros no 2020, desta maneira o Concello de Cambados tivo un gasto computable no pasado exercicio de 10,3 millóns de euros, o que supón investir un 99, 8% dos ingresos municipais do pasado ano».

«Estes datos contables débense, en gran medida, ao rigor e a responsabilidade coas que se xestionan os balances do municipio. Unha política económica eficaz non é incompatible coa boa xestión e a redución de impostos aos nosos veciño», engade Charlín, quen alude á diminución do imposto IBI e ao incremento do gasto social por valor de 961.593 euros.