Música no auditorio de Cambados

Bea Costa
B. C. CAMBADOS

CAMBADOS

martina miser

Este venres celebrouse o recital fin de grado e o 14 de xuño empezan as audicións do resto dos alumnos

04 jun 2021 . Actualizado a las 21:29 h.

Oito nenas e cinco nenos despedíronse do conservatorio municipal de Cambados coa ilusión de dar o salto aos conservatorios profesionais de Pontevedra e Vilagarcía. A semana próxima teñen as probas de acceso pero, antes, deron un recital fin de grao este venres dirixido ao seus familiares e profesores.

Por outra banda, do 14 ao 18 de xuño terán lugar as audicións de fin de curso, en sesión vespertinas que empezarán ás 16.30 horas.