Recital fin de grao no conservatorio de Cambados

Bea Costa
Bea Costa CAMBADOS

CAMBADOS

MARTINA MISER

Na cita, este venres ás 19 horas no auditorio, participan trece alumnos. Do 14 ao 18 de xuño celebraranse os concertos de fin de curso

04 jun 2021 . Actualizado a las 21:20 h.

Oito nenas e cinco nenos despídense do conservatorio municipal de Cambados coa ilusión de dar o salto aos conservatorios profesionais de Pontevedra e Vilagarcía. A semana próxima teñen as probas de acceso pero, antes, van dar un recital fin de grao este venres, ás 19 horas, dirixido ao seus familiares e profesores. Non hai sitio para máis. As restricciones da pandemia limitan a sesenta persoas o aforo do auditorio de A Xuventude e non é posible dar cabida a máis público. En todo caso, haberá ocasión de seguir a súa actuación, en directo, a través das contas nas redes sociais do conservatorio cambadés.

Os concertistas son rapaces entre once e trece anos que entraron no conservatorio no 2017 e hoxe teñen un «gran nivel musical», segundo indica o director do centro, Daniel Figueira.

Non acabará aí a oferta musical. Do 14 ao 18 de xuño terán lugar as audicións de fin de curso, en sesión vespertinas que empezarán ás 16.30 horas.