Onte e Hoxe ofrece este luns un concerto a través das redes sociais

La Voz VILANOVA

CAMBADOS

Será ás 19 horas, dentro dun programa de actividades con Xela Arias como figura protagonista

16 may 2021 . Actualizado a las 14:17 h.

O grupo musical Onte e Hoxe vai celebrar un evento co gallo do Día das Letras Galegas, retransmitido en stregaming polas páxinas de Facebook dos concellos patrocinadores que son Caldas de Reis, Cambados, Meaño, O Grove, Poio, Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arosa. Tamén se retransmitirá pola canle de youtube do propio grupo Onte e Hoxe.

O acto, que se celebrará en directo o luns día 17, ás 19 horas e terá unha duración aproximada de 60 minutos, será presentado pola cantante e reporteira Fátima Pego. No mesmo tamén intervirán: o actor Luís Iglesia, que falará sobre a biografía da homenaxeada Xela Arias; o Director de Edicións Xerais Francisco Alonso, que disertará sobre o paso de Xela pola súa editorial; a estudante de Filoloxía Galega Mariña Area, que recitará poemas da devandita homenaxeada; e o profesor da EOI de Pontevedra e membro de Migallas Teatro Carlos Yus, que cantará unha canción.

Entre as intervención antes mencionadas, o grupo Onte e Hoxe interpretará 6 cancións do seu característico repertorio en galego.