Cambados e Vilanova ceden a xestión da depuradora a Augas de Galicia

La Voz CAMBADOS

CAMBADOS

MARTINA MISER

Os concellos e a mancomunidade asinarán un convenio coa Xunta

16 may 2021 . Actualizado a las 09:04 h.

A alcaldesa do Concello de Cambados, Fátima Abal, acudiu este venres en Santiago a unha reunión coa directora de Augas de Galicia, Teresa Gutierrez, convocada polo organismo autonómico, para abordar a xestión da estación depuradora (EDAR) de Tragove, antes de proceder á reforma da infraestrutura cuxo proxecto, promovido dende a Consellería de Infraestruturas, está presupostado en 5,2 millóns de euros. Ao encontro tamén asistiron o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, e o xerente da Mancomunidade do Salnés, Ramón García Guinarte, por ser ambas institucións copartícipes na utilización da EDAR, xunto con Cambados. As entidades local e comarcal acordaron a cesión da xestión da depuradora a Augas de Galicia por un período de dous anos, prorrogables por outros dous. Fátima Abal amosou a súa satisfacción por este acordo, que se plasmará nun próximo convenio de cesión a asinar entre as partes.

Cesión de terrenos

Ademais, rubricarase un segundo convenio polo que Cambados, Vilanova e a mancomunidade porán a disposición de Augas de Galicia os terreos necesarios para executar o proxecto de saneamento entre ambos municipios, que implica a instalación de unha nova tubaxe e sistemas de bombeo ao longo do tramo que vai de Tragove a San Miguel. Esta obra aproveitarase para construír una senda peonil que unirá pola costa a ambos concellos. «Foi unha reunión produtiva e satisfactoria, cuxas conclusións permitirán que a zona marisqueira de Cambados abandone a zona C, ao tempo que acabará cos vertidos procedentes da EDAR», apunta Fátima Abal.