Novos investimentos do Plan Concellos para Cambados e A Illa

La Voz CAMBADOS / A ILLA

CAMBADOS

monica ferreiros

Esta achegas permitirán realizar obras na praza da Xuventude e no pavillón e parques infantís do illa

15 may 2021 . Actualizado a las 19:34 h.

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar un novo investimento por preto de medio millón de euros (486.654 euros) no marco da Liña 1 do Plan Concellos 2021, co que os municipios de Arbo, Cambados, A Illa de Arousa e Forcarei poderán financiar a mellora da infraestrutura viaria e de equipamentos municipais.

Cambados recibirá unha achega de 119.528 euros para abordar a remodelación da praza da Xuventude, situada no centro da vila. Esta actuación responde á necesidade de reparar as filtracións de auga que afectan á primeira planta do aparcadoiro situado baixo a praza, producidas debido á ineficaz impermeabilización. Pola súa banda, A Illa recibirá dúas achegas, a primeira de 120.000 euros para a mellora do illamento do pavillón deportivo e outra por 68.190 euros para a mellora do mobiliario dos xogos dos parques infantís das Laxes, Monte e Cabodeiro. No primeiro caso, acometerase a impermeabilización das fachadas e cambio de carpintería exterior do pavillón, así como a revisión da cuberta para evitar a filtración de auga. E no que atinxe aos parques infantís, teñen unha antigüidade de media superior aos 17 anos e aínda que se fixeron reparacións ao longo dos anos, presentan un deterioro que, segundo o proxecto, fai obrigada a súa renovación.