O PSOE acusa a Portos de «forrarse» a costa dos concellos y pide que axilice o traspaso da titularidade dos seus terreos

La Voz VILAGARCÍA

CAMBADOS

Martina Miser

O deputado Julio Torrado aludiu aos casos do Grove e Cambados na súa intervención en comisión parlamentaria

05 may 2021 . Actualizado a las 16:34 h.

O parlamentario socialista Julio Torrado urxiu hoxe a Portos de Galicia a acelerar o cumprimento o cambio de titularidade dos terreos sen uso portuario a favor dos concellos. Torrado presentou unha pregunta en Comisión para denunciar a «preguiza» do ente autonómico á hora de levar adiante a desafectación de terreos, por canto os concellos «presentan solicitudes que caen no caixón do esquecemento».

Torrado emprazou a Portos a ceder a titularidade, que «é moito mellor que sexa eficiente para os cidadáns antes de que Portos se dedique a forrarse a costa dos concellos». Aludiu así aos terreos destinados nun momento á actividade portuaria, pero que, co desenvolvemento das vilas, pasaron a ser empregados polos concellos, polo que Portos «cobra, recolle e recada pero non se ocupa do mantemento, provocando unha desatención que ten que ser asumida polos concellos». O PSOE puxo como exemplo casos como os de O Grove e Cambados e lembrou a iniciativa presentada no 2020 polo seu grupo no parlamento «que supuxo un cambio de posición do PP».