Cinco canoístas arousáns métense na final pola praza no Preolímpico do C1 1.000

Pablo Penedo Vázquez
pablo penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

CAMBADOS

Cedida

Diego Romero, Manuel Fontán, Yeray García, Noel Domínguez e David Barreiro superaron o corte. A grovense Valeira Oliveira foi cuarta no C1 200 e María Pérez pelexa o C2 500

21 abr 2021 . Actualizado a las 19:08 h.

Ás 9 e 20 da mañá deste xoves está programada a final que decide o padexeiro que pelexará para España no Preolímpico de Hungría unha praza no C1 1.000 nos Xogos de Tokio. Unha final con nove aspirantes, oito galegos, logo do corte na tarde do mércores en tres series semifinais, superado polos cinco padexeiros de tres clubs arousáns inscritos no selectivo do C1 1.000.

O cangués do Breogán do Grove David Barreiro foi terceiro na primeira semifinal, en 4.07.040, a 1,04 do favorito, Adrián Sieiro (Poio, 4.06.000), que pola mañá quedara sen o billete preolímpico no C2 1.000 segundo na final con Sergio Vallejo a 3.11 dos sevillanos García e Martínez e con Manuel Fontán, do Náutico O Muíño de Ribadumia, e David Barreiro terceiros a 3.28 dos gañadores. Pablo Crespo (C. Pontevedra) foi segundo nesta semifinal do C1 1.000, en 4.06.400.

O breoganista Diego Romero rematou terceiro da segunda semifinal, en 4.01.272), tras Martín Jácome (E.P.C. Pontevedra, 3.59.881) e de Ignacio Calvo (E.P. Aranjuez, 4.00.841). Na última semifinal clasificáronse Noel Domínguez (Breogán, 4.05.680), Manuel Fontán (O Muíño, 4.09.480) e Yeray García (Piragüismo A Illa, 4.10.294).

María Pérez queima a súa última bala, con Oliveira cuarta no C1

O mércores decidiuse tamén a española que acudirá ao Preolímpico no C1 200. A pontevedresa Antía Jácome foi a gañadora, en 45.191, nun apretado esprint coa madrileña María Corbera, segunda en 45.529. A meca do Piragüismo Poio Valeria Oliveira rematou cuarta en 48.413 e a cambadesa do Muíño María Pérez oitava en 49.680. Esta última pelexa na mañá do xoves pola praza no C2 500 en parella con María de la Peña, do Ciudad de Pontevedra.