Pontecesures agasalla libros e Cambados convoca un concurso de contos 

La Voz CAMBADOS / PONTECESURES

CAMBADOS

Os concellos da comarca organizan actividades co gallo do Día do Libro

23 abr 2021 . Actualizado a las 12:07 h.

Pontecesures aproveita a conmemoración do Día do Libro para fundir o tecido cultural e comercial do municipio de tal xeito que quen visite a Casa da Lamprea e a praza de abastos será agasallado cun libro que escolla de entre os fondos bibliográficos que se exporán durante toda a fin de semana a carón do peirao. «É un polo de atracción pola calidade dos produtos que nela se comercializan e pensamos que era un xeito novedoso de achegar o mundo do libro ao tecido comercial do pobo», indica a concelleira Laura Villar. Pola súa banda, o alcalde, Juan Manuel Vidal Seage, anima a través dun vídeo publicados nas redes do Concello a que a veciñanza se achegue á exposición literaria para «darlle unha segunda vida aos libros».Os veciños poderán escoller entre títulos de literatura infantil a xuvenil para os máis novos ate fondos bibliográficos sobre heráldica e xenealoxía nobiliaria de Galicia, pasando por atlas ilustrados e clásicos da literatura galega e universal.

Pola súa banda, a concellería de Cultura de Cambados organiza por segundo ano consecutivo o concurso Tes un conto para celebrar o Día do libro. As bases poden consultarse no seguinte enlace.