As obras na rúa Sevilla obrigan a reordenar o tráfico nesa zona de Cambados

La Voz CAMBADOS

CAMBADOS

Martina Miser

Os traballos prolongaranse durante mes e medio e permitirá renovar os servizos e o pavimento da rúa

08 abr 2021 . Actualizado a las 13:24 h.

O Concello de Cambados iniciou as obras de urbanización na rúa Sevilla, que teñen un prazo de execución de 44 días e consistirán na substitución de instalacións, canalización de augas e saneamento, así como na separación de fluviais e fecais. A rúa tamén terá un novo pavimento, con fresado previo e unha nova sinalización, ademais de novos aparcamentos e beirarrúas.

Con motivo destes traballos, a veciñanza desta rúa non poderá aparcar os seus vehículos na mesma, aínda que si se permitirá o acceso aos garaxes. Por outra banda, facilitarase o dobre sentido de circulación na Congostra da Rianxeira para o acceso dos residentes nesta rúa e na rúa Novedades, que xa saían antes pola mesma. Instalarase temporalmente un semáforo para facilitar a fluidez do tráfico. As persoas residentes en Álvaro Cunqueiro poderán acceder á mesma a través da rúa Celso Emilio Ferreiro, que tamén terá dobre sentido só para eles nese pequeno tramo. «Dende o Concello de Cambados pídeselle comprensión á veciñanza polas molestias que se lles poida ocasionar durante a realización das obras».