Distinción para Bea Laya pola súa investigación sobre a historia de Cambados

B. C. CAMBADOS

CAMBADOS

MARTINA MISER

A cambadesa recibiu o recoñecemento do instituto Asorey co premio Son dxs nosxs

26 nov 2020 . Actualizado a las 10:59 h.

A historiadora cambadesa, Bea Laya, recibiu este mércores a distinción Son dxs nosxs, que concede o instituto Francisco Asorey de Cambados, un premio que naceu no 2015 para homenaxear a antigos alumnos. Este recoñecemento xa o tiveron músicos como Paco Charlín ou os compoñentes de Noite Fechada. Tamen os membros do grupo Leda Atomica e o actor Ademar Silvoso. Neste momento valorouse o traballo de investigación histórica realizado por Bea Laya en relación á figura de Dolores Valle Bechade, máis coñecida como A Francesa, á que o Concello vén de dedicarlle a praza situada diante do auditorio. Actualmente, ademais de realizar traballos de investigación e publicacións para a revista Cen Follas, Laya realiza visitas guiadas no pazo de Fefiñáns.