Un mercado das flores seguro, con entrada e saída no paseo de A Calzada

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

Martina Miser

A melloría do tempo imprimiu o único factor que lle faltaba ao mercado das flores de Cambados

31 oct 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A melloría do tempo imprimiu o único factor que lle faltaba ao mercado das flores de Cambados para funcionar coma un reloxo, logo da decisión de trasladalo dende o salón Peña ata o paseo de A Calzada. As 22 casetas que o Concello dispuxo ao aire libre foron inaugurados onte, coa presenza do concelleiro Xurxo Charlín, que se encargou de lembrar as medidas de seguridade fronte o covid que permanecerán vixentes neste espazo. Entre outras, dous percorridos diferenciados para entrada e para a saída dos compradores.

Unha das razóns para o cambio de escenario foi, precisamente, a procura de espazos abertos que minimizasen os riscos de contaxio. O público apoiou a iniciativa na súa primeira xornada.