Corenta empresas participaron na elaboración do decálogo do Camiño Sostible, en Cambados

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

Martina Miser

Este decálogo parte dunha esixencia de calidade fronte a calidade e unha difusión de estándares claros polo que respecta aos produtos turísticos ligados ao Camiño

30 oct 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Onte pechouse en Cambados o proxecto Camiño Sostible que, impulsado pola Xunta e desenvolvido pola empresa Albur Atlántico Consultores, procura a elaboración dun decálogo para facer do Camiño de Santiago un verdadeiro catalizador para Galicia como destino turístico seguro, e para cada unha das zonas que atravesa, incidindo na importancia do desenvolvemento local e o coidado do patrimonio medioambiental, histórico e cultural da comunidade. Na experiencia participaron case corenta empresas de diferentes eidos.

María Buceta, directora de proxectos de Albur, subliñou que o decálogo é o resultado da interacción de diferentes axentes nas tres sedes escollidas. Ademais de Cambados, Pontecesures e Tui. Xurxo Charlín, no nome do Concello, agradeceu o traballo desenvolvido a prol dun ano xacobeo máis forte e participativo.

Este decálogo parte dunha esixencia de calidade fronte a calidade e unha difusión de estándares claros polo que respecta aos produtos turísticos ligados ao Camiño. Unha colaboración público e privada fundamental na súa creación, cunha participación activa das empresas. Necesidade de estratexias unificadas e definidas, sen contradición entre Administracións. As experiencias sostibles. Un correcto concepto de desestacionalización. Ou a importancia da formación e a información para que cada axente, mesmo cada galego, sexa o mellor promotor do Camiño.