Cambados destinará as remanentes do ano pasado a políticas sociais

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

MARTINA MISER

O goberno local saldou as contas do 2019 cun superávit de 242.162 euros

25 oct 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O goberno local de Cambados saldou as contas correspondentes ao exercicio 2019 cun resultado orzamentario de superávit de 242.162 euros, segundo o resultado da Conta Xeral, e cun remanente de tesouraría de 86.134 euros que van ser destinados a Servizos Sociais. Segundo informa o Concello, no exercicio 2019 realizáronse uns gastos totais de pouco máis de dez millóns de euros, cuns investimentos en obras de case un millón, e en acción social de 679.216 euros -«case que o dobre do que se destinou na mesma partida en 2014 cando gobernaba o Partido Popular»-. No tócante a liquidez municipal, o informe técnico indica que as arcas do Concello manteñen a peche de 2019 un saldo bancario de 1.238.249 euros. O que supón «pechar o 2019 cunha liquidez que triplica a de 2015: no ultimo ano de goberno do partido popular, deixou no Concello de Cambados uns fondos líquidos de 416.903 euros».