Menos casos en Vilagarcía e Cambados e un máis en Vilanova

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

CAMBADOS

YVES HERMAN

15 oct 2020 . Actualizado a las 09:34 h.

En Vilagarcía segue caendo o número de positivos por covid-19 aínda que nas últimas horas contabilizouse un novo contaxio. Os datos correspondentes a onte mércores sitúan en 38 o número de infectados, 19 menos que cando comezaron as restricións. A mesma tendencia á baixa dáse en Cambados, con 22 casos onte, un menos co martes, mentres que en Vilanova rexistrouse un caso máis, ata 20. No conxunto da área sanitaria Pontevedra-O Salnés o número de positivos mantense estable ao contabilizar onte mércores os mesmos casos do día anterior. 469. Quince pacientes permanecían hospitalizados e outros 452, evolucionando nos seus domicilios.