O BNG pregunta no parlamento pola actuación da Xunta en Avigal

La Voz AROUSA / LA VOZAROUSA / LA VOZ

CAMBADOS

MONICA IRAGO

Quere coñecer que medidas adoptou a Xunta de Galicia para garantir a saúde laboral dos traballadores e traballadoras

15 oct 2020 . Actualizado a las 16:48 h.

O grupo parlamentario do Bloque Nacionalista Galego presentou pola vía de urxencia unha pregunta para a súa resposta en comisión en relación ao gromo de coronavirus detectado na planta da avícola de Avigal, en Cambados. «O BNG non acepta que se pretenda desviar a responsabilidade cara teóricas actuacións individuais dos traballadores como orixe do contaxio».

Por todo elo, pregunta que medidas adoptou a Xunta de Galicia para garantir a saúde laboral dos traballadores e traballadoras e denuncia a reacción tardía da Administración ante os primeiros positivos rexistrados o 12 e 13 de setembro.

En Vilagarcía segue caendo o número de positivos por covid-19 aínda que nas últimas horas contabilizouse un novo contaxio. Os datos correspondentes a onte mércores sitúan en 38 o número de infectados, 19 menos que cando comezaron as restricións. A mesma tendencia á baixa dáse en Cambados, con 22 casos onte, un menos co martes, mentres que en Vilanova rexistrouse un caso máis, ata 20. No conxunto da área sanitaria Pontevedra-O Salnés o número de positivos mantense estable ao contabilizar onte mércores os mesmos casos do día anterior. 469. Quince pacientes hospitalizados e outros 452, evolucionando nos seus domicilios.