O Concello de Cambados levará a pleno facturas por valor de 127.508 euros

Esta operación permitirá abonar a totalidade das facturas pendentes de pago


Cambados

O Concello de Cambados vai levar no vindeiro pleno a aprobación de facturas por importe de 127.508,55 euros, correspondentes a gastos do pasado exercicio e que entraron por rexistro este ano, «o que permitirá poder abonar a totalidade das facturas pendentes de pago», segundo informa o concelleiro de Facenda, Xurxo Charlín. «Non é preciso realizar unha modificación de crédito en pleno, xa que a situación saneada das contas municipais permite que estas facturas sexan asumidas cos créditos existentes no presente orzamento mediante unha transferencia de crédito», abunda o edil.

Neste caso inclúense gastos puntuais, excepcionais e extraordinarios de obras e reparacións que foron realizadas con fondos municipais, así como facturas de gastos de distintas empresas de subministro e servizos, sendo a maior parte correspondentes a empresas de subministro eléctrico e gas natural.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

O Concello de Cambados levará a pleno facturas por valor de 127.508 euros