A escola infantil de Cambados garante praza no vindeiro curso para todos os solicitantes

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

MARTINA MISER

O prazo de matriculación ábrese o 1 de setembro coas medidas de seguridade pertinentes

16 ago 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Todas as familias que reservaron praza en tempo están admitidos no escola infantil de Cambados, sinala o edil responsable da area de Infancia de Cambados, Fernando Patricio. As familias que fixeron a reserva de praza están sendo chamadas telefonicamente pola empresa que xestiona o centro no caso de que non estea completa a documentación para formalizar a matrícula na propia gardería. O prazo ábrese o día 1 de setembro, e tomaranse as medidas de seguridade pertinentes. A incorporación dos nenos a escola infantil se realizará de forma escalonada como medida de prevención polo covid-19.

A escola infantil municipal de Cambados ven atendendo unha demanda moi necesaria no municipio desde que se inaugurou en 2003, e a súa posterior ampliación de 2006. Este é un dos servizos mais demandados polas familias para poder conciliar as responsabilidades laborais e familiares.

Este ano, a consellería de Política Social insta a todos os centros a tomar medidas de carácter preventivo como consecuencia da situación sanitaria causada polo covid-19. Por tal motivo, para este curso escolar 2020-21 estableceranse cambios organizativos e metodolóxicas, para dar cumprimento a ditas medidas. Veñen de rematar as obras de renovación e mellora dos patios dianteiro e posterior da gardería municipal de Cambados, cun investimento de 35.687 euros que foi financiado integramente con cargo os fondos do Plan Concellos. Estas melloras foron demandas polos membros da comunidade educativa e os responsables da xestión do centro en varias reunións que mantiveron co Concello de Cambados. Trátase dunha demanda que xa levaban solicitando dende hai anos dende a dirección do centro, debido ao desgaste padecido nos patios das instalacións municipais.

No patio dianteiro instaláronse 130 metros cadrados de lousas de caucho das mesmas características que actualmente dispoñen na parte máis próxima ao edificio da gardería, cubrindo desta forma toda a superficie do patio. No patio posterior levantouse o acabado anterior que tiña, que se atopaba deteriorado polo uso, e foi substituído polas mesmas lousas de caucho que existen no patio dianteiro nun total de 340 metros cadrados. Xunto con estes traballos, tamén se pintaron os balos exteriores do patio en cores claros e se instalou unha placa de aluminio microperforada cunha superficie total de 80 metros cadrados, no balado de peche para que o arrastre dos terreos colindantes e máis altos rematen no chan deste balado.

Con esta reforma da Gardería Municipal o Concello de Cambados continúa no camiño establecido de priorizar naquelas actuacións que melloren a seguridade e o benestar dos nenos, apuntan dende o goberno loca, xa que esta inversión supoñen arranxos e reformas imprescindibles para a gardería. En concreto, estanse eliminado os defectos que presentaba o pavimento e utilizando materiais que permitan desenvolver distintas actividades.