Cambados celebra a Semana do Libro

Será no parque de Torrado desde o luns ao vindeiro sábado


Cambados

As áreas de Cultura e de Normalización Lingüística do Concello de Cambados organizan a Semana do Libro, que se celebrará do 3 ao 8 de agosto nos xardíns do pazo de Torrado. A actividade consiste na presentación polos seus propios autores de libros escritos en galego, publicados recentemente. Todos os escritores teñen relación con Cambados ou coa comarca do Salnés.

A Semana do Libro comeza o vindeiro luns 3 ás 21 horas coa presentación das obras

«Irmá Paxaro», de Tamara Andrés, e «Migratoria», de Andrea Fernández Maneiro.

O martes 4, ás 21.30, será a quenda de Ramón Caride, con «Historias Incertas», e o mércores 5, ás 21 horas, Miguel Pérez Ramudo fará a presentación da súa obra con

ilustracións sobre Ricardo Carvalho Calero; mentres Héitor Picallo presentará As Letras Galegas en Caricatura, un percorrido ilustrado por todas as edicións dos Días das Letras Galegas.

O xoves 6, tamén ás 21 horas, Antón Mascato presentará «Atila no Grove, Crónica

política e Historia da Masacre», un ensaio sobre a represión franquista no municipio grovense e no resto da comarca.

O venres, Miguel Anxo Seixas fará a presentación da súa obra «Castelao, Construtor da nación», «outro ensaio sobre a vida política da gran figura histórica do galeguismo», segundo informa a concellería de Cultura.

Finalmente, o sábado 8, pechará a Semana do Libro Adolfo Caamaño coa súa novela «Matar ao heroe», que acadou o Premio Vilar Ponte.

Todas as presentacións terán un aforo reducido, con só 25 cadeiras, separadas entre elas un metro e medio, e disporán de todas as medidas de seguridade e hixiene pertinentes, segundo informa o concelleiro Tino Cordal.

Poderanse adquirir alí mesmo, en Torrado, todas as obras asinadas polos autores ao remate da cada presentación, segundo indican desde a concellería de Cultura

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Cambados celebra a Semana do Libro