Dos versos en Cambados ao «Caldo de Gloria» servido nos bares de Catoira

viilagarcía / la voz

CAMBADOS

MARTINA MISER

25 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Rosalía de Castro cumpriu onte 183 anos. Escribímolo así, en presente, porque a súa voz fixo desta galega unha figura inmortal. Por iso, os actos para celebrar o seu aniversario véñense sucedendo dende hai días por toda Galicia. A pasada semana, en Vilagarcía, os escolares gozaron cunha obra de teatro na que se narraba a vida da escritora, e os rapaces do instituto achegáronse aos seus versos da man da música. A fin de semana houbo lecturas de poesía e actos de recordo como o celebrado en Carril polo BNG. E onte, o día do aniversario de Rosalía, seguiron os actos de celebración. Desta volta, foi en Cambados onde se fixo unha lectura pública da obra desta poeta de voz potente e ben definida. E en Catoira optaron por outra homenaxe, máis saborosa. Porque seis locais da vila, de acordo co Concello, ofertaron aos seus clientes con un «Caldo de Gloria» inspirado nos versos de Rosalía. «A receita é sinxela», din nos bares participantes, moi satisfeitos coa iniciativa.