Cambados entra nun plan para atender a vítimas de violencia machista

O anuncio fíxose oficial na xunta local de seguridade


cambados / la voz

Representantes da subdelegación do Goberno en Pontevedra acudiron onte á xunta local de Seguridade en Cambados, onde se fixo oficial a inclusión desta localidade no sistema de seguimento integral nos casos de violencia de xénero, VioGén, dependente do Ministerio de Interior.

Xunto a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal e o concelleiro de Seguridade, Tino Corral, asistiron membros dos corpos e forzas de Seguridade do Estado destinados na comarca do Salnés. Desde a subdelegación do Goberno informouse de todas as fases a iniciar a partir de agora en canto á firma dos protocolos administrativos de seguridade dependentes da Garda Civil e a Policía Nacional para coordinar este sistema integral que avalía a información sobre niveis de risco e seguimento, xunto á protección actualizada para as vítimas da violencia de xénero.

Este sistema integral VioGén, en funcionamento desde 2007, ten como obxectivos aglutinar ás diferentes institucións públicas que teñen competencias en materia de violencia de xénero e integrar toda a información de interese que se estime necesaria. Ademais, desta maneira efectúase un labor preventivo, emitindo avisos, alertas e alarmas, a través do «Subsistema de Notificacións Automatizadas», cando se detecte algunha incidencia ou acontecemento que poida poñer en perigo a integridade da vítima.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Cambados entra nun plan para atender a vítimas de violencia machista