Despedir outro ano coa familia e cos amigos non ten prezo. Facelo despois de queimar unhas cantas calorías para deixarlles oco aos mariscos e turróns botándose unhas risas, iso xa se sae do mercado da felicidade. Sábeno ben os setecentos nenos, mozos e adultos que na tarde do martes participaron na sexta San Silvestre Solidaria de Cambados. Eles, e o milleiro longo de acompañantes e curiosos que puideron gozar dunha cita que cada ano vai a máis polo éxito do dobre propósito dos seus promotores, o club de atletismo e o Concello da vila do albariño: reunir comida, produtos de hixiene e xoguetes para as familias máis vulnerables do municipio; e facerlles pasar un gran momento aos corredores. Todo, conxugado co espíritu deportivo de toda carreira.

É por iso, que sen desmerecer os máis rápidos nos circuitos urbanos de Cambados, Claudia Chaves Durán (Atletismo+9Moraña) e Marcos Aguiño Guío (San Miguel de Marín), na categoría Mini San Silvestre de 8 a 10 anos, Celia Castro Padín (C.A. Cambados-Seguros Noval) e Noé Abal Otero, na Promesas de 11 a 13, e Isabel Caeiro Mariño (Club Franciscanos de Lugo) e Diego Calvete Carballa (San Miguel de Marín), na absoluta, os dous últimos cubrindo os 4 quilómetros da proba en 18.07 e en 15.07, respectivamente; sen desmerecer os seus éxitos, dicimos, o máis probable é que os centos de persoas que seguiron a San Silvestre rematen por volverse a rir cos anos ao lembrar un Darth Vader correndo en calzóns para levar o premio ao mellor atleta adulto disfrazado, cun acio de uvas e cun vixiante da praia escoltándoo no podio tras o paso por el de tres nenos vestidos de paquete de agasallo, de billetes de diñeiro e de árbore navideña. Notas de cor como a das azafatas e corredores-avión que se impuxeron como mellor disfrace de grupo, adiantando ao Kipchoge arousán e o seu grupo de oito lebres en pos do récord mundial de maratón.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Ata o Lado Escuro se rinde á San Silvestre