Propoñen incluir un freixo de Cambados no Catálogo de árbores senlleiras

La Voz CAMBADOS

CAMBADOS

Carlos Castro

Está situado nas proximidades do pazo de Fefiñáns

26 dic 2019 . Actualizado a las 11:43 h.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se inicia a información pública da solicitude para ampliar o Catálogo galego de árbores senlleiras coa incorporación dun exemplar de freixo de folla estreita (Fraxinus angustifolia) no Concello de Cambados. O exemplar está situado nas proximidades ao pazo de Fefiñáns e mide 21,1 metros de altura total e 3,5 metros de perímetro normal.

O obxectivo é garantir a súa protección e conservación, ao entender que, pola súa propia singularidade, merece ser preservado e inventariado. O catálogo galego de árbores senlleiras é un rexistro público de carácter administrativo dependente da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, no cal se inclúen todas aquelas árbores e formacións merecentes de protección en atención ás súas características excepcionais. Trátase dunha ferramenta aberta, podendo propoñer a inclusión de elementos novos os seus propietarios, as administracións e centros de investigación ou asociaciónsción da natureza. Desde que se aprobou o regulamento, en 2007, foi obxecto xa de diversas revisións.