A xornalista gráfica de La Voz Martina Miser, entre os recoñecidos

La Voz

CAMBADOS

MONICA IRAGO

14 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O xurado do premio ao Mellor Deportista do Ano concede cada edición unha mención especial destinada a recoñecer o labor dos medios de comunicación, e dos seus profesionais. Nesta ocasión, o que ao longo de dúas décadas leva desenvolvendo a xornalista gráfica cambadesa Martina Miser nas páxinas e na web de La Voz de Galicia desde a súa edición en Arousa.