Cambados será sede dunhas xornadas para emprendedores

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

MARTINA MISER

Mañá xoves, de 10 a 13 horas, no Auditorio da Xuventude

13 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Xoves, 14 de novembro • De 10.00 a 13.00 • Auditorio da Xuventude • A Concellería de Promoción Económica que dirixe a edil, Carolina Laya, organiza unhas novas xornadas, e van cinco edicións, co fin de fomentar a cultura do emprendemento empresarial. A cita será o día 14 de Novembro no auditorio da Xuventude, de 10 a 13 horas. Esta convocatoria inclúe charlas e unha mesa redonda, coas que se pretende dar aos asistentes as claves para poñer en marcha un negocio.

Intervirán representantes de Abanca, o Igape, e a asociación de comerciantes Zona Centro co fin de explicar, respectivamente, as nocións básicas sobre a concesión dos microcréditos ou as axudas institucionais.