Cambados conmemora o cabodano de Ramón Cabanillas con flores, poemas e música

La Voz CAMBADOS

CAMBADOS

maruxa alfonso

Os actos centrais serán o sábado

07 nov 2019 . Actualizado a las 22:27 h.

Cambados conmemorará o cabodano do pasamento de Ramón Cabanillas durante esta fin de semana cunha serie de actos que comezan este venres (11.45 horas) coa entrega de premios do concurso Cambados Mar de letras, no instituto Francisco Asorey. Centro educativo e Concello participan un convenio de colaboración para darlle continuidade a este certame, que cumpre no 2019 a súa segunda edición.

O sábado pola mañá ao mediodía terán lugar a os actos de homenaxe propiamente ditos, cos que Tino Cordal estréase na súas novas competencias ao fronte de Cultura. A neta do escritor Pitusa Cabanillas protagonizará a ofrenda floral que terá lugar no paseo da Calzada e haberá unha lectura de poemas a cargo de Maribel Iglesias, Manuel Núñez, Domingo Tabuyo, Ramón Caride, Francisco Fernández Rei e a gañadora do concurso de poesía de este ano no concurso Cambados Mar de Letras, Lucia Boullosa Álvarez e o premiado co accésit nesta categoría, o seu irmán Marcos. Ao rematar haberá un concerto a cargo do grupo Bou de Bou de Cambados.

Nos vindeiros días presentarase o Roteiro Cabanillas, que a través de vinte catro puntos dispersos por Cambados pretende dar a coñecer a vida e traxectoria do autor de Vento Mareiro. O investimento acadou os 14.422 euros.