O Concello de Cambados obtén o obradoiro de emprego Cambados Ruta Marítima

A iniciativa permitirá rehabilitar a senda do Umia ou a carpintaría do Salón Peña


cambados / la voz

Cambados vén de recibir a notificación da concesión da axuda para impartir o Obradoiro de Emprego Cambados Ruta Marítima Camiño de Santiago II, promovido polo concello e subvencionado pola Xunta con 336.446 euros. A esta axuda hai que sumar os 113.051 concedidos para o taller de emprego de garantía xuvenil Cambados Emprendedor, que xa esta en funcionamento dende comezos do mes de outubro.

O novo obradoiro vai contar con dous módulos formativos de Carpintaría e Xardinaría, e permitirá realizar pequenas obras como a de restauración da carpintaría do Salón Peña, a rehabilitación da senda fluvial do río Umia, a limpeza e recuperación das zonas verdes do polígono industrial Sete Pías, a limpeza e mantemento para prevención de incendios no monte da Pastora, o acondicionamento das rutas marítimas do Camiño de Santiago ao seu paso por Cambados e a mellora e mantemento das zonas verdes e parques infantís e instalacións deportivas no casco urbano e no rural de Cambados.

Vive Camino

Toda la información sobre el Camino de Santiago en Vive Camino

Votación
0 votos
Comentarios

O Concello de Cambados obtén o obradoiro de emprego Cambados Ruta Marítima