Vitoria do Dorna e derrota do Cambados na apertura da Liga

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

CAMBADOS

MARTINA MISER

16 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Cara e cruz para os dous equipos arousáns na xornada de apertura da Liga Galega de Fútbol Gaélico 2019/20. Co Dorna F.G. protagonizando a noticia feliz da pasada fin de semana, superando por un estreito 4-16 (28) a 5-09 (24) o Estrela Gaels no campo illense da Bouza.

O Cambados Gaélico, pola contra, ofreceu unha boa imaxe na súa primeira parte fronte ao Irmandinhos na Estrada, pero na segunda non puido resistir o dominio do conxunto local, para rematar perdendo por 3-18 (27) a 2-06 (12).

Con estes resultados, o Dorna F.G. ocupa o quinto posto da clasificación, pechando a nómina de conxuntos que gañaron o seu primeiro partido de Liga. Mentres, o Cambados Gaélico ocupa a sétima praza entre os dez competidores cos que esta tempada conta a Liga Galega Masculina de Fútbol Gaélico.