Abren a inscrición para a Milla e Dobre Milla Urbana do Albariño

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

CAMBADOS

OSCAR VíFER

A proba disputaráse este venres, a partir das sete do serán

07 ago 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Cambados anunciaba onte a apertura da inscrición para a vixésimo quinta edición da Milla e Dobre Milla Urbana do Albariño Concello de Cambados. Unha proba fixada para este venres, 9 de agosto, coa saída programada para as sete da tarde.

Desde o departamento de Deportes municipal infórmase da posibilidade de anotarse nas súas dependencias en horario de 9.30 a 14 horas, ben chamando o seu técnico, Alfredo Oliveira, ao número 607 518 438, ou ben apuntándose ata media hora antes da saída no lugar de celebración da proba atlética.