O Albariño enche Cambados con máis de mil persoas brindando

O túnel do viño recibiu unha gran afluencia na súa apertura


cambados / la voz

A Festa do Albariño nunca falla. Así o sentenciou onte a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, quen asegurou que a afluencia da celebración vai superar con creces a de anos anteriores, con máis de 200.000 visitantes percorrendo as rúas da localidade e festexando con viño ao longo dos cinco días que dura a festa.

A gran asistencia na primeira xornada notouse especialmente no concerto que ofreceu o mítico grupo Treixadura na praza de Fefiñáns, onde se botaron en falta cadeiras para as máis de mil persoas que se reuniron, ás 22.30 horas, para gozar da música tradicional do país. Tamén sorprendeu a cantidade de xente que se pasou polos postos da Calzada, tendo en conta que os dous primeiros días o ambiente que se respira na localidade é principalmente familiar. Porén, non se tiveron que lamentar incidencias e os alí presentes puideron brindar con albariño e vivir un inicio de festa do máis tranquilo.

A pesar da tranquilidade, a troula non faltou na apertura da Festa do Albariño. Unha das causas deste recibimento multitudinario, segundo a alcaldesa, foi a promoción internacional que se lle deu á celebración. «A distinción da festa como de interese internacional axuda na gran cantidade de persoas de diferentes países que van visitar Cambados nestes días». Este gran número de visitantes apreciouse onte na inauguración do túnel do viño, que ofrece ao público a oportunidade de coñecer co padal as 160 marcas que sesenta adegas elaboran buscando a máxima calidade.

Esta necesidade de internacionalizar o Albariño foi un dos puntos destacados onte na presentación do fallo do premio Plácido Castro de tradución, outorgado a Antía Veres. Estes galardóns pretenden reivindicar o labor que exerceu o escritor Castro na internacionalización deste viño.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Albariño enche Cambados con máis de mil persoas brindando