«Para min a música é un xeito de vivir»

A cantante galega Sonia Lebedynski aproveitará a súa visita hoxe a Martín Códax para pechar un ciclo e abrir camiño a un novo disco

r.e.

Toda unha vida adicada á música e un traballo en solitario. A cantante Sonia Lebedynski pechará o ciclo de «Deserto de Centos» nas terrazas de Martín Códax.

-¿Que se presentará hoxe en Cambados?

­-Hai tres anos que saíu este disco, pero será a primeira vez que o interpretamos aquí. Máis ben é un peche de ciclo, pechamos aquí a xira mañá nas bodegas para dar cabida a un futuro segundo disco que está en preproducción. Tocaremos o repertorio do meu primeiro traballo en solitario e interpretaremos algunha das músicas que me levan acompañando ao longo destes anos.

-¿Como definirías «Deserto de centos»?

-Este disco é un punto de encontro entre todas as fontes sonoras das que levo bebendo ao longo destes anos de carreira. Aínda que é o primeiro disco en solitario xa levo máis de vinte anos, e todas esas influencias musicais dos grupos dos que formei parte e aos que levo escoitado están en min de algunha maneira. Quería que representara todas esas sonoridades que están dentro do meu ADN sonoro.

-¿Cales son os xéneros que mestura o teu traballo?

-Pódense apreciar os tintes do folk, que é a música que eu veño facendo nos últimos anos, pero realmente a formación e os propios arranxos do disco deixan entrever ese paso dende a sonoridade máis folk a algo moito máis contemporáneo. Non temos ningún instrumento tradicional, pero sí que se pode ver nas temáticas das letras, nas melodías e incluso na maneira de harmonizar. Neste disco hai dende a sonoridade do blues ao funk, pasando por balada... En xeral é un disco bastante ecléctico neste sentido.

-Sempre estiveches vencellada á música...

-Para min a música é un xeito de vivir, de expresarme. Eu necesítoa e faime falta. Empecei como moita xente que se adica á música, na miña casa e meu pai foi quen se levou a responsabilidade de transferirme este amor pola cultura e a música de raíz. Xa dende moi pequena formei parte de diferentes agrupacións.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Para min a música é un xeito de vivir»