Volve o rock a Cambados co festival Serán de Troula

elisa pérez / r.e.

CAMBADOS

MARTINA MISER

13 jul 2019 . Actualizado a las 19:40 h.

8, 15 e 22 de agosto • 21 horas • gratuíto • Cambados • Por terceiro ano consecutivo, o rock en vivo vai ser o protagonista dos seráns de verán de Cambados. Os días 8, 15 e 22 de agosto os cambadeses teñen unha cita no casco histórico da localidade para gozar de música en directo da man de diferentes grupos. A banda Juzz, liderada polo guitarrista Virxilio da Silva, actuará o día 8 na praza San Gregorio para presentar as súas influencias musicais, que van dende o jazz ao rock dos anos 60. O xoves 15 será a quenda da formación viguesa Basanta, composta por cinco músicos que tocan camuflados con máscaras. O concerto será na praza de Alfredo Brañas. O ciclo pechará o día 22 coa música do grupo indie The Bongo Club, na praza do Castriño. Todos os concertos son gratuítos e levaranse a cabo ás 21 horas.

Con este evento, Serán de Troula pretende visibilizar o talento local, ademais de contribuír á creación de ocio cultural e á animación das rúas de Cambados.