Catro cursos para que os emprendedores dominen as novas tecnoloxías

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

MONICA IRAGO

A Deputación pon en marcha cursos que ensinan dende como xestionar reservas en establecementos turísticos, a cómo facer fotografía gastronómica co móbil

07 jul 2019 . Actualizado a las 17:28 h.

Cambados acolle neste mes de xullo catro novas accións formativas para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital. Deste xeito, o programa “SmartPeme” da Deputación de Pontevedra oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.

A primeira cita terá lugar este próximo martes, 9 de xullo ás 17:00 horas, coa acción “Motores de reservas para empresas turísticas”. O martes 16 levarase a cabo o obradoiro “Fotografía gastronómica co teléfono móbil”, ás 19:00 horas. A terceira acción, “Crea a túa tenda en liña con Prestashop” impartirase o martes, 23 de xullo, ás 18:00 horas. E, por último, “Xestiona o teu negocio dende o móbil” impartirase o martes 30 de xuño, ás 19:00 horas.

A oficina “SmartPeme” de Cambados atópase no Centro ExpoSalnés, no Paseo da Calzada.