Catro días para ollar, comprar e escoitar en Cambados

Na Feira do libro haberá postos de venda, presentacións, pregón e actuacións musicais


19-23 de xuño • Paseo da Calzada (Cambados) • Mañá e tarde • O Concello de Cambados pecha a programación cultural da primavera mergullado nun mar de letras. Será a conta da Feira do Libro que se vai celebrar a vindeira semana e que chega acompañada de música e outras actividades. As tres librarías de Cambados, e algunha outra que poida vir de fóra do municipio, instalaranse no paseo da Calzada a carón dos postos da Federación de Libreiros de Galicia e da Biblioteca municipal Luís Rei e dun stand reservado para facer as presentacións de libros como o «Singamia 1.1» de Caride e Busto, a historia da represión franquista en Cambados editada polo Concello, a revista «Cen Follas» ou o traballo de Pepe Barro sobre o deseño galego.

 A feira, que conta coa colaboración da Xunta, inaugurarase o mércores ás oito da tarde cun pregón a cargo do escritor Ramón Caride e con música de jazz.

Esta cita preséntase como un escaparate do mundo editorial galego, como unha oportunidade de negocio para os libreiros e, sobre todo, para achegarlle os libros ao gran público.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Catro días para ollar, comprar e escoitar en Cambados